O Teucro recibe ao Ángel Ximénez nun partido que "no se nos puede escapar"

Pontevedra
26 de febreiro 2016

Os azuis afrontan unha auténtica final no choque deste sábado (20:30 horas) no Municipal ante o equipo que marca a fronteira cos postos de descenso. Os xogadores "son muy conscientes de lo que nos estamos jugando" asegura Quique Domínguez, que pide ademais o apoio da afección  

Adestramento do Teucro no Municipal
Adestramento do Teucro no Municipal / Mónica Patxot

Como unha auténtica final afronta a Sociedad Deportiva Teucro o seu partido deste sábado (20:30 horas, Movistar+) no Pavillón Municipal dos Deportes ante o equipo que marca a fronteira cos postos de descenso, o Ángel Ximénez de Puente Genil.

Os azuis, cun punto de vantaxe na clasificación sobre os andaluces, defenden que "este partido no se nos puede escapar", tal e como comentou na previa David Chapela.

O Teucro chega á cita tras dous empates que "nos han dado un punto de confianza y seguridad", recoñece Quique Domínguez, que ve aos seus xogadores "muy conscientes de lo que nos estamos jugando".

Quique Domínguez: "Los jugadores muy conscientes de lo que nos estamos jugando"

Tras volver de Cuenca cun plantel tocado, entre golpes e a gastroenteritirs que atravesaron varios xogadores, o técnico pontevedrés terá á súa disposición para a cita a todo o persoal. Non será así no bando visitante, que deberá afrontar a importante baixa do seu pivote Ángel Paraja por lesión e do central Mario Porras por sanción.

A pesar diso Quique Domínguez defende o pontencial do Ángel Ximénez ao entender que "es una plantilla que tiene más balonmano de lo que indica la clasificación", en especial tras as fichaxes das últimas semanas, os do portugués Flavio Fortes e os balcánicos Rudovic e Janja Vojvodic.

"Ofensivamente tienen muchas armas", sinala o adestrador teucrista, que prevé un partido con "mucha igualdad" no que será importante o apoio da afección pontevedresa para lograr un triunfo que lles achegue ao obxectivo da permanencia.

O encontro será arbitrado por Peñaranda Ortega e Yagüe Moros, pertencentes á federación territorial aragonesa.