O Teucro viaxa sobre aviso a Bordils para afrontar a última xornada do ano

Pontevedra
16 de decembro 2016

Os azuis, que queren manter a súa espreita ao liderado, visitan este sábado (20:00 horas) a cancha do modesto Handbol Bordils, un equipo catalán que se está a mostrar vulneable a domicilio pero que "se tranforma cuando juega en casa", asegura Quique Domínguez

Ángel Iglesias durante o partido entre Teucro e Palma del Río
Ángel Iglesias durante o partido entre Teucro e Palma del Río / Cristina Saiz

Último compromiso ligueiro de 2016 para unha Sociedad Deportiva Teucro que quere manter a súa espreita ao liderado da División de Honra Prata.

Os azuis viaxan este sábado (20:00 horas) á pista do modesto Handbol Bordils, equipo catalán que se está a mostrar vulnerable a domicilio pero que "se tranforma cuando juega en casa", asegura Quique Domínguez.

Así o reflicten os seus últimos resultados, que poñen sobre aviso aos pontevedreses, con claras derrotas ante os potentes Palma del Río e Zamora lonxe da súa cancha pero triunfo ante o non menos forte Barcelona B no seu pavillón.

"En casa son muchísimo más agresivos, corren mucho más, defienden mucho más y se sienten muy arropados", explica o técnico teucrista.

A única baixa dos azuis neste encontro será a do lesionado Rial, tendo en conta que o comité de competición non fallará ata a próxima semana sobre a posible sanción a Johnny Medina á espera dun informe arbitral, polo que o pivote pode xogar polo momento e o que se pon en risco é a súa participación no transcendental primeiro partido do ano, ante o Zamora.

Os colexiados do encontro serán os cataláns Quintanar Manzano e Millar Cazorla.