O título galego, en xogo na XVIII Subida a Escusa

Poio
12 de setembro 2017

Alexis Viéitez (EscuderíaBuxa Motor Poio) buscará sentenciar na proba de casa o título de Campión Galego de Montaña. A competición contará con catro mangas oficiais entre as xornadas de sábado 16 e domingo 17 de setembro

Presentación da XVIII Subida a Escusa
Presentación da XVIII Subida a Escusa / PontevedraViva

A sempre espectacular Subida a Escusa faise maior de idade e chega esta fin de semana, os días 16 e 17 de setembro, á súa XVIII edición.

Faio ademais co Campionato Galego de Montaña en xogo (é a penúltima cita do calendario) e cun piloto con opcións de sentenciar o título.

Ese é Alexis Viéitez (Buxa Motor Poio), que buscará os puntos necesarios para reter o cetro autonómico na carreira que organiza a súa propia escuadra. Para iso bastaríalle con subir ao podio final da carreira, xa que calquera dos tres primeiros postos garantiríanlle ser o mellor o campionato.

"É unha das citas máis esperadas do Concello", recoñeceu na presentación da proba automobilística a concelleira de Deportes de Poio, Marga Caldas.

Un ano máis agárdase a presenza de miles de afeccionados ao longo dos 3,8 quilómetros de percorrido, ao que se darán un total de catro pasadas cronometradas máis dous de adestramentos.

A tres primeiras (unha de adestramento e dúas mangas oficiais) disputaranse a partir das 15:30 horas do sábado, mentres as tres restantes terán lugar a partir das 9:30 horas do domingo.

A XVIII Subida a Escusa repartirá en premios 7.000 euros en metálico, segundo avanzou a presidenta da Escudería Buxa Motor Poio, Noemí Blas.