Malas noticias para o Tenis de Mesa Monte Porreiro que queda sen disputar a competición europea a próxima tempada.
O pasado xoves, a Comisión Delegada da Real Federación Española de Tenis de Mesa confirmou o seu criterio final sobre as ligas nacionais canceladas, adxudicando ao conxunto pontevedrés unha praza para xogar en europa a próxima tempada ao atoparse quinto na clasificación da Superdivisión Masculina.
Con todo, a pesar da boa campaña realizada que lle daba o premio de xogar por primeira vez na súa historia un torneo continental, o equipo de Monte Porreiro quedou co mel nos beizos despois de que o seu adestrador, Nando Álvarez, consultase coa federación se realmente podían disputalo.
A resposta, que chegou a última hora do venres, foi clara: para poder competir en Europa, hai que disputar a Copa do Rei ese mesmo ano. "En febrero renunciamos porque teníamos jugadores disputando otras competiciones", explica o adestrador.
En canto á posible opción de competir en Europa, "daba vértigo, estábamos preocupados por el presupuesto". A pesar diso, facíalles ilusión disputar un torneo dese nivel pero "reglamentariamente es así", confórmase o Álvarez.