O Tenis de Mesa Monte Porreiro aínda ten opcións de meterse na pelexa por unha praza directa para competir en Europa a tempada que vén despois de empatar ante o Burgos deste sábado no partido de ida pola quinta praza (3-3).
Os pontevedreses, dirixidos por Nando Álvarez, acudiron á cita escasos de efectivos e cun lesionado Miguel Ángel Vílchez que nada puido facer.
Aínda así, Martin Bentancor e Nico Galvano competiron como saben para rascar un empate e deixar todo por decidir no partido de volta que se xogará en Pontevedra o vindeiro domingo 10 de abril ás 11:00 horas no Pavillón Príncipe Felipe.
Co obxectivo de sacar un bo resultado saltaron os xogadores do Monte Porreiro á cancha, sabedores do complicado que sería pero da importancia que tiña non perder.
De feito, foi un partido do todo igualado que se reflectiu no marcador final pero que deixa todas as opcións abertas para que burgaleses e pontevedreses saquen billete para a competición continental.
Consulta as estatísticas do Burgos- TM Monte Porreiro