O Torneo de Reis do Leis Pontevedra chega á súa quinta edición

Pontevedra
28 de decembro 2017

Os pavillóns Multiusos, A Xunqueira II e o Municipal serán escenario do torneo de base os días 29 e 30 de decembro

Presentación do V Torneo de Reis de fútbol sala
Presentación do V Torneo de Reis de fútbol sala / PontevedraViva

Cinco anos cumpre o Torneo de Reis de fútbol sala organizado polo Leis Pontevedra, unha cita xa consolidada no calendario deportivo.

Os pavillóns Multiusos, A Xunqueira II e o Municipal serán escenario do torneo de base durante o venres 29 e o sábado 30 de decembro.

Trátase dunha iniciativa que pretende fomentar a práctica do fútbol sala e que contará con partidos en seis categorías: prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.

A cita, presentada oficialmente este xoves, reunirá durante as súas dúas xornadas preto de 600 deportistas de 52 equipos, estando previsto a celebración de ata 140 partidos.