O Torneo Pontevedra Internacional U14 baixa o pano tras unha emocionante segunda edición

Pontevedra
21 de setembro 2024

Este sábado concluíu a segunda edición do Torneo Pontevedra Internacional U14, celebrado nas instalacións do Club de Tenis Pontevedra na Caeira desde o luns 16 de setembro. O torneo, que forma parte do circuíto Tennis Europe, reuniu a novos talentos e campións nacionais de diversos países na categoría sub-14

Segunda edición do Torneo Pontevedra Internacional U14
Segunda edición do Torneo Pontevedra Internacional U14 / Federación Galega de Tenis

Este sábado concluíu a segunda edición do Torneo Pontevedra Internacional U14, celebrado nas instalacións do Club de Tenis Pontevedra na Caeira desde o luns 16 de setembro.

O torneo, que forma parte do circuíto Tennis Europe, reuniu a novos talentos e campións nacionais de diversos países na categoría sub-14.

Na final de dobres, celebrada este venres, as xaponesas Souna Akava e Riko Tsuzuki impuxéronse á parella formada pola danesa Emilia Henningsen e a maltesa Marya Magro por 6-3 e 6-4.

En dobres masculinos, o ruso Stefan Shangichev e o portugués Duarte Santa María fixéronse co título ao superar ao xaponés Yuto Hisano e o francés Arthur Salafa por 6-2 e 6-1.

As finais individuais, disputadas este sábado, coroaron a Marya Magro na categoría feminina, tras derrotar á xaponesa Riko Tsuzuki (6-1 e 6-2), e a Arthur Salafa na masculina, quen se impuxo de maneira contundente ao ruso Stefan Shangichev (6-0 e 6-0).

Con esta edición, o Torneo Pontevedra Internacional U14 consolídase como unha cita crave para as futuras promesas do tenis europeo.