Pontevedra será banco de probas doutra nova competición de tríatlon, que se disputará paralelamente ao recentemente presentado ProTour.
Trátase do Campionato de España Contrarreloxo Individual, que se estreará no calendario o día 12 de outubro nas rúas da cidade.
Se no ProTour poderanse ver en acción aos mellores 80 triatletas nacionais da tempada, 40 en categoría masculina e 40 na feminina, segundo ranking e clasificación nos campionatos nacionais, a competición contrarreloxo que lle acompaña está pensada para os deportistas dos grupos de idade.
A normativa do novo Campionato de España Contrarreloxo Individual aínda non se fixo pública, pero si se sabe xa que se disputará sobre distancia sprint.
Esta proba completará a programación dunha fin de semana, 12 e 13 de outubro, na que estarán na Boa Vila os mellores triatletas nacionais para verse as caras nun formato pensado para o espectáculo.
Os percorridos, ao contrario que os últimos grandes eventos, será reducido e estará concentrado na contorna da ponte dos Tirantes e a Avenida de Bos Aires.