O Voleibol Pontevedra inicia o ano con derrota

Pontevedra
15 de xaneiro 2019

O conxunto pontevedrés cedeu unha clara derrota na pista dun dos equipos da zona alta da competición, o Calasancias da Coruña

Partido do Club Voleibol Pontevedra ante o Calasancias na liga regular da tempada 18/19
Partido do Club Voleibol Pontevedra ante o Calasancias na liga regular da tempada 18/19 / Diego Torrado

O regreso da competición na Primeira División Galega non foi o esperado para o Club Voleibol Pontevedra.

O CVP Alianza Española de Seguros S.A. caeu derrotado de maneira clara na pista dun dos equipos da zona alta da táboa como o Calasancias da Coruña.

Pese ao bo inicio de partido, con seriedade no xogo defensivo e de contraataque, o primeiro set levárono as locais por 25 a 22. 

Ese tenteo fixo dano ao CVP, que despois cedería nas dúas seguintes mangas por un dobre 25-19.

Tras esta cita, a próxima xornada o conxunto lerezano terá unha importante cita recibindo no CGTD a un rival directo, o A.D. Xiria, que lle precede na clasificación desde o sexto posto.