O waterpolo cadete galego cítase en Pontevedra

Pontevedra
24 de xuño 2015

A piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva acolle o sábado 27 de xuño o Campionato Galego Cadete, coa presenza por primeira vez de todos os clubs da comunidade  

Presentación do Campionato Galego Cadete de Waterpolo no CGTD
Presentación do Campionato Galego Cadete de Waterpolo no CGTD / PontevedraViva

Por primeira vez todos os clubs de Galicia participarán no Campionato Galego de Waterpolo Cadete, que se celebra o vindeiro sábado 27 de xuño na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

Será oito os equipos en competición (Galaico e RCN Vigo presentan dous equipos cada un) nunha xornada que comenzará ás 9:45 horas e finalizará trala gran final prevista para as 19:50 horas.

A cita servirá ademais de preparación para o Waterpolo Galaico de cara ao Campionato de España que afrontará o próximo mes en Valencia, segundo explicou o responsable técnico do club Javi de Sáa.

Ademais de Galaico e RCN Vigo, participarán o CW Santiago, CN Coruña, Asociación Coruñesa Waterpolo e Marina Ferrol.

O campionato disputarase en sistema de eliminatorias dende a rolda de cuartos de final.