O Waterpolo Galaico cítase na final galega co Natación Coruña

Pontevedra
13 de abril 2016

Os pontevedreses impuxéronse no segundo partido da semifinal, contra o CW Santiago, e clasificáronse para a final pola vía rápida. É o sétimo ano consecutivo que chegan á rolda definitiva polo título autonómico

Semifinal polo título galego entre Waterpolo Galaico e CN Coruña
Semifinal polo título galego entre Waterpolo Galaico e CN Coruña / Diego Torrado

Waterpolo Galaico Pontevedra e Club Natación Coruña xogaranse de novo o título da Liga Galega tras clasificarse pola vía rápida para a final.

O cadro pontevedrés, que xogará a rolda definitiva por sétimo ano consecutivo, derrotou no segundo partido da semifinal ao CW Santiago (12-9) na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, tras impoñerse por penaltis no primeiro partido da serie en Santiago de Compostela.

Nesta ocasión os de Javi de Sáa estiveron máis acertados en defensa e tras unha metade de partido moi disputada e igualada (5-5), o Galaico rompeu o choque no terceiro parcial, chegando ao último cuarto con vantaxe de tres goles (9-6).

A pesar de que os últimos minutos un xogador tivo que defender a portería pontevedresa pola expulsión do seu gardameta, os locais defenderon a renda para deixar sentenciada a eliminatoria.

A final galega comezará o día 23 de abril en Pontevedra, nunha serie ao mellor de tres partidos que terá a súa segunda e terceira cita, en caso de ser necesaria, na Coruña.