O Waterpolo Pontevedra, preparado para o play-off da Liga Galega

Pontevedra
05 de marzo 2020

O conxunto absoluto masculino do club pontevedrés arrinca esta fin de semana en Vigo as eliminatorias polo título da División de Honra autonómica

Equipo absoluto masculino do Club Waterpolo Pontevedra
Equipo absoluto masculino do Club Waterpolo Pontevedra / Club Waterpolo Pontevedra

Chega o momento clave da tempada para o Waterpolo Pontevedra, polo menos no que respecta a o seu equipo absoluto masculino.

Tras quedar en segundo lugar na liga regular de División de Honra, os actuais campións da liga galega poñerán o seu trono en xogo no play-off.

Ausentes dos cuartos de final pola súa posición na primeira fase, os de Javi de Sáa estrearanse este domingo 8 de marzo en Vigo co primeiro partido das semifinais, nunha serie ao mellor de tres encontros.

O duelo ante o RCN Vigo disputarase a partir das 11:45 horas, coa previsión de que se produza unha eliminatoria aberta e moi disputada a teor dos últimos resultados entre ambos os equipos.

Esta tempada o Pontevedra venceu na liga regular por 10-12 en Vigo e empatando despois 11-11 no CGTD, mentres que en Copa foi o conxunto da cidade olívica o que venceu por 14-6.

Completarán a xornada de competición en Vigo os partidos da Liga Galega de 2ª División e da Liga Galega Infantil.