Partido dramático entre Laracha e Xuventú Sanxenxo que rematou cos de Ambrosio Oróns sentenciados ao descenso e os de Calucho aferrándose ás matemáticas para manter a chama da esperanza nunha permanencia que segue sendo moi complicada, pero non imposible.
En apenas tres minutos de loucura chegaron os tres primeiros goles do partido. O primeiro para o equipo visitante conseguiuno Cuchi ao aproveitar un erro de Damián, ao que lle escapou un balón colgado sobre a súa área. Taibo empataba deseguido ao rematar de cabeza un corner e Jonathan nada máis sacar de centro adiantaba de novo ao Sanxenxo en xogada persoal.
Pouco antes do descanso de novo Cuchi marcaba, aproveitando o desconcerto dun Laracha que non foi capaz de refacerse tras o segundo gol visitante e que o intentou na segunda parte sen éxito, logrando unicamente recortar distancias nos minutos finais.
LARACHA CF (2): Damián; Alexandre, Antonio, ÿlmer, Pablo Vidal (Dani Casal, min. 76); Brais (Kevin, min. 65), Denís, Iago Iglesias, ÿscar Martínez (Martín, min. 82); Dani Bea e Miguel Taibo.
XUVENTÿ SANXENXO (3): Vila; Diego Peña, Guille, Mateo, Emilio; Jonathan, Pablo Lede; Dani Muradás (Tinaia, min. 84), Cuchi (Hugo, min. 73), Rubén (Caneda, min. 89); e Ramón.
Árbitro: José Luis González Sobrado (Vigo), auxiliado nas bandas por José Antonio Lorenzo Álvarez e Eduardo Rivera Gores. Expulsou o juegador local Dani Bea (minuto 87) por dobre amoestación. Amoestou a Pablo Vidal, ÿscar Martínez e Iago Iglesias, polo Laracha, e a Mateo, Pablo Lede, Cuchi e Dani Muradás, polo Xuventú Sanxenxo.
Goles: (0-1) Minuto 11: Cuchi. (1-1) Minuto 12: Miguel Taibo. (1-2) Minuto 13: Jonathan. (1-3) Minuto 42: Cuchi. (2-3) Minuto 88: Antonio.
Incidencias: Campo Municipal (A Laracha). Uns 200 espectadores.