O Club Cisne Balonmán inicia este sábado 12 de marzo a segunda fase da tempada, na que pelexará por ascender por segunda vez na súa historia á Liga Asobal, máxima categoría nacional.
Para retornar á elite a entidade pontevedresa necesita "o apoio de todos os socios e afeccionados", asegura, polo que lanzou a campaña "Obxectivo Asobal".
Trátase dunha iniciativa para incrementar a súa masa social nos cinco encontros que disputará como local na segunda fase, empezando polo deste mesmo sábado fronte á UD Ibiza no Pavillón Municipal dos Deportes (17.30 horas).
En canto á nova campaña de socios, o custo do abono para a fase decisiva da tempada fixouse en 30 euros, con entrada de balde para os menores de 15 anos.
"Queremos que o Pavillón Municipal dos Deportes vibre en cada partido na casa", sinala un Cisne que inicia a pelexa polo ascenso como o equipo mellor posicionado con 12 puntos, mentres que o seu primeiro rival é sétimo con 6 puntos.
¡OBJETIVO ASOBAL!
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) March 8, 2022
Este sábado arranca la segunda fase de la competición y nuestro equipo lo tiene claro, darán el 100% para ascender de nuevo a la máxima categoría del balonmano español. Pero para ello necesitan el apoyo de todos los soci@s y aficionad@s del Club Cisne. pic.twitter.com/a6eZvPLhmy