Obxectivo cumplido para Bea Gómez Cortés: quinta nos 400 estilos do Europeo de Herning

Pontevedra
15 de decembro 2013

A nadadora do Club Natación Galaico non só se coou na final dos 400 metros estilos, senón que finalizou nunha excelente quinta posición. Marcou un tempo de 4:31.65, a tan só seis segundos do bronce, pulverizando o récord galego. ÿ a súa mellor marca persoal nesta distancia. Foi na mesma proba na que Mireia Belmonte agrandou a súa lenda ao lograr o seu cuarto ouro neste Europeo. Gañou cunha marca de 4:21.23

Bea Gómez durante o Campionato de España Open en Ponte Muíños
Bea Gómez durante o Campionato de España Open en Ponte Muíños / Diego Torrado

Bea Gómez Cortés cumpriu coas expectativas que se marcou na súa participación no Campionato de Europa de piscina curta de Herning (Dinamarca). Tiña como meta coarse nalgunha final das probas nas que competía. Estivo a piques de facelo este sábado nos 400 metros, pero o coubo de dous nadadoras por país impediullo. Foi na última xornada, nos 400 metros estilos, cando a pontevedresa alcanzou o seu obxectivo.

A nadadora do Club Natación Galaico non só se coou na final dos 400 metros estilos, senón que finalizou nunha excelente quinta posición. Marcou un tempo de 4:31.65, a tan só seis segundos do bronce, pulverizando o récord galego. ÿ a súa mellor marca persoal nesta distancia. Foi na mesma proba na que Mireia Belmonte agrandou a súa lenda ao lograr o seu cuarto ouro neste Europeo. Gañou cunha marca de 4:21.23.

Aos seus 18 anos (cumprirá 19 o próximo 29 de decembro), Bea Gómez Cortés demostrou ser unha das garantías de futuro da natación española. Ademais deste quinto posto en 400 metros estilos, estivo a piques de entrar na final de 400 metros libres, da que só lle apartaron Mireia Belmonte e Melani Costa; e na de 200 metros libres, na que debía ser só un segundo máis rápida.

A participación galega en Herning completouna a ribeirense María Vilas, que adestra en Pontevedra xunto con Bea Gómez. No seu caso, foi sétima nas series dos 400 metros estilos, pero do mesmo xeito que a pontevedresa o sábado quedouse fóra da final polo coubo máximo de dous nadadoras por país. Mireia Belmonte e Bea Gómez foron máis rápidas que ela pechándolle as portas da loita polas medallas.