Era o principal obxectivo da temporada e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra cumpriuno.
O seu equipo masculino seguirá un ano máis en División de Honra, a máxima categoría nacional, tras superar con solvencia a final pola permanencia na terceira e última xornada do Campionato de España de Clubs.
desprazouse ata Zaragoza o club pontevedrés, que non só deixou a moita distancia os últimos clasificados e por tanto os postos perigosos senón que pelexou até o final polo primeiro posto da xornada.
Esa primeira posición finalmente foi para o Atletismo Albacete con 111 puntos, polos 107.5 da Gimnástica.
Para a Sociedad sumaron vitorias parciais Albert Balada (100 metros), Pedro Osorio (800), Sergio Coello (lonxitude) e a remuda 4x100 de Gabriel de la Cruz, Sergio Rodríguez, Xabier Lires e Albert Balada, mentres que Oriol Almirall compartiu o primeiro posto da pértega.
Tamén logrou o seu obxectivo do equipo feminino da Gimnástica, no seu caso na final pola permanencia na Primeira División.
Na localidade de Durango o equipo pontevedrés finalizou na cuarta posición do oito participantes con 92 puntos, esquivando a queima.
Sabela Martínez no 800 e Antía Chamosa no 5.000 marcha foron os seus dous triunfos parciais.