A escasas horas para o final do mercado, o Pontevedra fai oficial un dobre movemento, que augura máis fichaxes nesta frenética última xornada de mercado de inverno.
Por unha banda, o extremo Oier Calvillo abandona a disciplina granate para irse decido ao CD Calahorra, do grupo II de Primeira Federación ata final de tempada.
Doutra banda, o conxunto granate fai oficial a chegada do mediocentro sub 23 Javi Robles ata final de tempada. O novo centrocampista militaba ata o de agora no Fuenlabrada, onde chegara cedido procedente do Almería. Desde o club non especifican se se trata dun traspaso ou unha nova cesión.
Con todo, a saída de Oier Calvillo augura novas chegadas ao primeiro equipo granate, que non necesitaba despedir a un xogador sénior para incorporar un futbolista sub 23, debido a que xa contaba cunha vacante deste tipo. É por iso, que todo indica que antes de medianoite chegará un novo reforzo para o equipo de Toni Otero.