Empezou como un proxecto escolar "co obxectivo de promover o deporte na parroquia", tal e como recoñece o atleta Elías Domínguez, e se consolidou no calendario deportivo do municipio.
Campañó prepárase para a oitava edición da súa carreira popular, que só na proba absoluta espera reunir a "entre 600 ou 700" atletas, chegados de diversos puntos de Galicia e Portugal.
Trátase da penúltima cita do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra, que terá lugar o próximo sábado 19 de setembro ás 18:45 horas.
Unha hora antes será a quenda ademais das carreiras de menores, cuxa inscrición pode realizarse o mesmo día da proba.
En canto á competición absoluta, os deportistas poden anotarse na web www.championchipnorte.com ata o día 16 de setembro.
A Carreira Popular de Campañó manterá o seu habitual circuíto, ao que se dará tres voltas para completar os 9.650 metros de percorrido pasando "pola famosa costa do cemiterio", explicou Elias Domínguez na presentación do evento, na que tamén se encontraban a concelleira Anxos Riveiro e José María Rodríguez, representante da Asociación Cultural Campañó.