O deporte ao servizo da solidariedade.
Marín acollerá o próximo mes de setembro a cuarta edición dun torneo de pádel para apoiar a investigación sobre a enfermidade de Duchenne.
Trátase do torneo benéfico PádelxDuchenne, organizado pola Asociación MASGA coa colaboración do Concello de Marín.
Nesta ocasión celebrarase o próximo 13 de setembro de 2025 nas instalacións do Colexio SEI San Narciso.
"Todas as persoas teñen cabida este día", afirma a organización animando a participar máis aló do nivel de xogo que se posúa.
Para aqueles que non poidan asistir ou participar do torneo pero desexen contribuír na causa, habilitouse unha fila cero para recibir donativos no número de conta: ES24 2100 4832 3222 0030 3924 (concepto: PADELXDUCHENNE).
Todos os fondos recadados serán destinados á Duchenne Parent Project España, organización comprometida coa loita contra a distrofia muscular de Duchenne, que afecta a un de cada 5.000 nenos no mundo.
Ademais da parte deportiva durante a xornada os asistentes poderán gozar dunha comida solidaria a prezos populares.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.