Organizan unha viaxe para afeccionados a Santiago ante o derbi contra o Compostela

Pontevedra
02 de febreiro 2016

O Pontevedra anunciou que poñerá a disposición dos seus seguidores unha viaxe organizada en autobús a Santiago de Compostela para presenciar o partido do próximo sábado (18:00 horas) no Estadio de San Lázaro

Os xogadores do Pontevedra agradecen o seu apoio aos afeccionados granates desprazados a Santander
Os xogadores do Pontevedra agradecen o seu apoio aos afeccionados granates desprazados a Santander / Pablo Lanza / www.contrameta.com

Non estará só o Pontevedra no Estadio Municipal de San Lázaro de Santiago, onde o vindeiro sábado 6 de febreiro (18:00 horas) afrontará o derbi autonómico ante un necesitado Compostela.

O club granate informou que poñerá a disposición dos seus seguidores un autocar para viaxar á capital galega, confiando en que non inflúa o feito de que o choque coincida coa celebración na cidade do desfile de entroido.

O prezo da praza no autobús é de 5 euros, ao que hai que sumar a entrada para o partido, fixada en 15 euros para o público adulto e de balde para os menores de 15 anos.

A expedición partirá ás 16:00 horas desde o Pavillón Municipal dos Deportes ás 16:00 horas, regresando á finalización do partido.

Os interesados poden anotarse, en horario comercial, nas oficinas do Estadio Municipal de Pasarón ata as 14:00 horas do venres.