Os adestradores galegos de baloncesto reúnense en Marín

Marín
03 de xuño 2016

O pavillón da Raña acollerá este domingo 5 de xuño o V Claustro Docente da Federación Galega de Baloncesto, coa presenza de 150 adestradores e catro relatorios destacados de técnicos de ACB, LEB Ouro e Liga Feminina

Javi Llorente no banco do Peixe Galego no partido de liga ante El Bulevar
Javi Llorente no banco do Peixe Galego no partido de liga ante El Bulevar / Diego Torrado

O pavillón da Raña, en Marín, será escenario o vindeiro domingo 5 de xuño do V Claustro Docente da Federación Galega de Baloncesto.

150 técnicos, na súa maioría galegos, reuniranse nunha xornada dedicada a estudar o rendemento deportivo.

Os asistentes poderán gozar de catro relatores de luxo: Jota Cuspinera, adestrador do Fuenlabrada (ACB); Javier Llorente, do Peixe Galego (LEB Ouro); Tito Díaz, técnico do Basquet Coruña (LEB Ouro); e Miguel Ángel Ortega, preparador do Perfumerías Avenida (Liga Feminina). 

A xornada comezará ás 11:00 horas e prolongarase ata as 20:00 horas.

Durante o claustro terá lugar ademais a presentación das seleccionaes galegas 3x3 que competirán a finais de mes en Valencia.

Esta actividade enmárcase dentro do convenio de colaboración asinado este ano a tres bandas entre Concello de Marín, Peixe Galego e Federación Galega de Baloncesto.