Os alevíns do Club de Remo Ría de Marín pechan a tempada con outro ouro autonómico

Marín
03 de xullo 2023

O equipo marinense acadou un total de cinco ouros e un bronce nas categorías alevín, infantil e veteranos

Equipo alevín do Club de Remo Ría de Marín Club de Remo Ría de Marín

Os alevíns do Clube de Remo Ría de Marín finalizaron a tempada galega cun grande éxito ao colgarse a medalla de ouro no Campionato Galego de Remo Olímpico celebrado o pasado domingo en Castrelo de Miño (Ourense).

Cómpre lembrar que estes mesmos remeiros xa conseguiran o ouro no Campionato Galego de Remoergómetro, celebrado en Marín, e o ouro na Liga de Remo Olímpico.

Por outro lado, os infantís do club e os veteranos tamén tiveron unha boa participación, obtendo en total 5 ouros, 1 bronce e unha cuarta, sexta e décima posición. 

Con estes resultados, o equipo marinense pecha a tempada só á espera da celebración do Campionato de España, previsto para a vindeira semana.