Os amantes do motor gozan da V edición da Subida a Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
04 de setembro 2022

Os 66 corredores saíron desde o centro urbano da vila desde a Estrada do Balneario. Atravesaron a PO-244 (Ponte Caldelas-Soutomaior) e ascenderon por Rebordelo, pola EP-0201 ata terminar na estrada que une Rebordelo e A Esfarrapada

V Subida a Ponte Caldelas
V Subida a Ponte Caldelas / Concello de Ponte Caldelas

Acendéronse os motores en Ponte Caldelas durante toda a fin de semana para celebrar a quinta edición da súa Subida, o evento de motor máis importante da comarca.

Os 66 corredores saíron desde o centro urbano da vila desde a Estrada do Balneario. Atravesaron a PO-244 (Ponte Caldelas-Soutomaior) e ascenderon por Rebordelo, pola EP-0201 ata terminar na estrada que une Rebordelo e A Esfarrapada.

As probas iniciáronse ás 13:30 horas desde a Avenida do Balneario cos adestramentos oficiais e, a continuación, correron a primeira e segunda manga. 

Xa o domingo, a xornada comezou ás 9:30 horas cos adestramentos oficiais e a terceira e cuarta manga. Unha vez terminadas, volvéronos á Praza de España onde os primeiros clasificados recibiron os pertinentes trofeos.

O piloto Jacobo Senín foi o gañador desta quinta edición.