Do mesmo xeito que o pasado 13 de decembro, cando a competición de centros educativos reuniu a máis de 1.000 escolares, a Illa das Esculturas empapouse este venres de atletismo de base cos campionatos zonais de cros.
Nesta ocasión era quenda para a competición destinada aos clubs atléticos da comarca.
Deportistas de oito clubs da zona participaron no evento nunha animada mañá deportiva, que contou tamén cunha importante participación.
Participaron na xornada: Club Pinarium de Marín, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Club Ciclista Corbelo de Portonovo, Club Deportivo San Paio da Estrada, Atletismo A Estrada, Agrupación Atlética Mazí de Vilagarcía, Atletismo San Miguel de Marín e Atletismo +9 Moraña.