Os clubs da bisbarra preparan o seu asalto ao Mundial de Dúatlon de Pontevedra

Pontevedra
23 de abril 2014

Ata o momento 14 deportistas do Triatlón Motobike, Galaico, Pinarium e Monte Abaixo lograron praza nos Grupos de Idade para a cita a pouco máis dun mes para a súa celebración. As inscricións péchanse o próximo 4 de maio

Campionato Galego de Tríatlon celebrado en Pontevedra en 2013
Campionato Galego de Tríatlon celebrado en Pontevedra en 2013 / Diego Torrado

A pouco máis dun mes para a celebración do Campionato do Mundo de Dúatlon de Pontevedra (os días 31 de maio e 1 de xuño), os clubs da bisbarra preparan o que será o seu grande obxectivo da tempada.

Ata o momento son 14 os deportistas de Triatlón Motobike e Galaico de Pontevedra, Monte Abaixo de Poio e Club Deportivo Pinarium de Marín os que lograron a súa praza nos diferentes Grupos de Idade.

Todos eles ultiman agora a súa preparación para dar o talle nunha cita que supoñerá unha oportunidade única, a de destacar nun Mundial correndo na casa.

Sete destes atletas competirán na modalidade de Sprint (5 quilómetros a pé, 20 en bicicleta e 2,5 de carreira) e outros tantos en Distancia Curta (10, 40 e 5 quilómetros), aínda que as inscricións non se pechan oficialmente ata o próximo día 4 de maio.

Así, se non hai sorpresas, os deportistas dos clubs locais presentes no Mundial serán: 

DEPORTISTA CLUB GRUPO DE EDAD MODALIDAD
Juan Sebastián Díaz Monte Abaixo 35-39 M Sprint
Miguel Ángel Vidal Monte Abaixo 35-39 M Sprint
Francisco Javier García Monte Abaixo 40-44 M Distancia Curta
Andrés López Monte Abaixo 50-54 M Distancia Curta
Enrique Hernández Monte Abaixo 50-54 M Distancia Curta
Javier Vidal Motobike 40-44 M Sprint
Gonzalo González Motobike 40-44 M Sprint
Sandra Moral Motobike 20-24 F Sprint
Margarita Villaverde Motobike 30-34 F Distancia Curta
Eladio Ramos Motobike 40-44 M Distancia Curta
Álvaro Ogando Galaico 50-54 M Sprint
ÿscar Justo Galaico 16-19 M Sprint
Diego González Pinarium 35-39 M Distancia Curta
Manuel José Cruces Pinarium 70-74 M Distancia Curta