Os deportes de raqueta enchen de actividade o Mercantil

Pontevedra
29 de agosto 2018

Nos últimos días disputáronse nas súas instalacións o Campionato Galego de Tenis Praia e a sexta proba do Circuíto DobleRed de tenis

Participantes na sexta proba do Circuito DobleRed de tenis no Mercantil Casino Mercantil de Pontevedra

As instalacións do Casino Mercantil en Mourente foron nas últimas datas un centro de actividade tenística con dous campionatos de tenis e de tenis praia.

A fin de semana tivo lugar alí o Campionato Galego de Tenis Praia, no que se proclamaron vencedores Adrián García e Alejandro Pose en categoría masculina e Rita Pena e Begoña Montenegro na feminina.

Este torneo foi o único federado esta tempada en Galicia nesta modalidade deportiva, pero a Federación Galega deTenis aposta por ela e pretende crear en 2019 un circuíto autonómico con entre 5 e 8 torneos, dos cales dous se disputarán no Mercantil.

Doutra banda entre o 22 e o 26 de agosto disputouse a sexta proba do Circuíto DobleRed de tenis, coa presenza de máis de 200 participantes procedentes de toda Galicia, Asturias e Canarias.

A competición desenvolveuse en diferentes categorías, desde benxamíns ata veteranos.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora