O Círculo Cultural Deportivo de Sanxenxo está de parabén grazas á actuación dos seus equipos de pádel.
O máis destacado nas últimas datas foi o ascenso conseguido polo equipo feminino do CCD á 1ª División 500 das Series Nacionais.
Capitaneado por Eva Deza, o conxunto de Sanxenxo impúxose ao Padel Prix Las Panteras de Ourense por un resultado de dous a dez para certificar o éxito.
Pola súa banda o equipo masculino do Círculo Cultural Deportivo, xa en categoría nacional, impúxose no seu último enfrontamento liderado por Miguel Fernández ao Brigal Vigo Pádel por tres a nove.