Os erros defensivos condenan o Leis no Barco

Pontevedra
02 de outubro 2017

O equipo pontevedrés caeu con claridade na pista do Pizarras Tres Cuñados (5-2) na segunda xornada de liga na Segunda División B de fútbol sala

Manuel Cossío, exadestrador do Leis Pontevedra, é o novo técnico do Poio Pescamar
Manuel Cossío, exadestrador do Leis Pontevedra, é o novo técnico do Poio Pescamar / Diego Torrado

Mala tarde para o Leis Pontevedra na segunda xornada de competición da Segunda División B de fútbol sala, ao caer derrotado on claridade no Barco de Valdeorras ante o Pizarras Tres Cuñados (5-2).

Os erros defensivos pesaron demasiado nos pontevedreses, que quedan cun só punto na táboa clasificatoria no décimo posto.

O choque comezou xa costa arriba para os de Manu Cossío, que nun desaxuste concedían o 1-0 no primeiro minuto de xogo e no minuto 9 repetía a situación para verse dous goles por baixo.

Foi entón cando reaccionou o Leis contando con ocasións para meterse no choque, pero a falta de acerto evitouno e terminouno pagando xa na segunda metade. Dous tantos nos tres primeiros minutos tras a continuación foron definitivos.

Cossío apostou entón polo porteiro xogador e o Leis recortou distancias con dous goles de Sergio para levar emoción aos últimos minutos, ata que os locais fixeron o definitivo 5-2.