Non fallaron os favoritos no Open de Galicia de pádel cuxa fase final celebrouse esta fin de semana no pavillón de Fexdega (Vilagarcía de Arousa). A parella formada por Fernando Belasteguín e Pablo Lima, números 1 do ranking mundial, proclamáronse campións do torneo, sen ceder nin un só set, ante as preto de 2.500 persoas que encheron as bancadas do recinto da capital arousá.
Fernando Belasteguín e Pablo Lima, aínda que non coa autoridade de enfrontamentos previos do circuíto, ampliaron a súa condición de parella invicta ata a data. Aínda así, con esta leve e aparente sensación de que alguén no circuíto profesional masculino poida vencerlles, marchan de terras galegas sen perder un só set e xa van seis torneos así.
Á final chegaba de novo Juan Martín Díaz e un Maxi Sánchez con problemas nas costas que estivo durante todo o partido atendido polo fisioterapeuta Jordi Ribas en cada cambio de lado da pista. Cuarta final entre estas dúas parellas e todas elas con idéntico resultado, vitoria para Bela e Lima.
O partido, sen ter grandes doses de emoción, si que tivo xogadas espectaculares dun e outro lado. A man máxica de Juan Martín chocaba semente coa solidez dos seus rivais que gañaron por un dobre 6-4 e manteñen o seu reinado nunha Vilagarcía rendida ao pádel.
Pola súa banda, o triunfo na proba feminina foi para as xemelgas Mapi e Majo Alayeto, que levan gañados seis torneos na presente tempada, cinco deles de maneira consecutiva e só se deixaron dúas polo camiño. Uns números dificilmente igualables neste circuíto de mulleres.
Á final de Vilagarcía de Arousa viñan cunha traxectoria impecable dentro do torneo, coa mentalidade adecuada e coa súa mirada posta no seu obxectivo, terminar o ano como números uno.
Fronte a elas Paty Llaguno e Eli Amatriain que non foron tan guerreiras como en anteriores enfrontamentos e non conseguiron poñer en maiores apuros ás xemelgas. Cun só break en cada set, Mapi e Majo conseguiron levar a final deste Open de Galicia.