A Selección Española Absoluta de Balonmán xa se atopa nas Rías Baixas para preparar a súa participación nos Xogos Olímpicos de Tokyo.
Os Hispanos estableceron a súa base este martes en Sanxenxo, onde permanecerán concentrados ata o próximo día 30 nunha burbulla pensada para evitar contaxios por covid e que só romperán para acudir aos adestramentos previstos.
O primeiro deles tivo xa como escenario o Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra, ata onde se desprazaron os 20 xogadores convocados por Jordi Ribeira.
O Municipal será escenario o vindeiro domingo 27 do primeiro dos encontros de preparación previsto, neste caso unha cita oficial na xornada 3 da EHF Eurocup 2022 fronte a Croacia, e ademais mediranse a Exipto o día 29 en Ourense nun choque amigable.
Tras esta concentración está prevista unha segunda xusto antes de partir cara a Xapón, do 4 ao 10 de xullo, tamén con base en Sanxenxo.