Os mellores xadrecistas internacionais participarán desde este luns no Torneo Ciudad de Pontevedra

Pontevedra
23 de xullo 2023

A partir deste luns e ata o domingo 30 a Boa Vila acollerá unha nova edición do Torneo Internacional Ciudad de Pontevedra de Xadrez, que este ano cumpre once anos

X Torneo Internacional Cidade de Pontevedra
X Torneo Internacional Cidade de Pontevedra / Escola Xadrez Pontevedra

A partir deste luns e ata o domingo 30 o colexio Los Sauces de Pontevedra acollerá unha nova edición do Torneo Internacional Ciudad de Pontevedra de Xadrez, que este ano cumpre once anos.

A presentación do evento celebrouse este sábado na Praza Fermín Bouza Brey, onde os 50 participantes do campus Ramón Escudeiro Tilve deron unha exhibición de partidas, demostrando ser as promesas do xadrez galego e nacional.

En canto á XI edición do Torneo Internacional, participarán en total 200 xogadores de 15 nacionalidades diferentes e que se dividirán nos grupos másteres e amateur.

Trátase dunha das citas máis importantes a nivel galego e nacional xa que 40 dos 75 xogadores do Torneo A (máster) son mestres homologados pola Federación Internacional: sete son grandes mestres, 13 mestres internacionais, 15 mestres FIDE e cinco son mestras femininas.

Todo eles farán o torneo de Pontevedra unha gran festa do xadrez e  un punto de referencia para o mundo deste deporte.