Os nenos e nenas ingresados no Hospital Provincial reciben a visita de xogadores e adestradores do Pontevedra

Pontevedra
05 de abril 2019

Edu, Romay e Álex González, acompañados polo primeiro e segundo adestrador, Luismi e Jesús Ramos, compartiron as súas experiencias cos nenos ingresados no Complexo Hospitalario de Pontevedra con motivo do Día Mundial da Actividade Física

Visita de xogadores do Pontevedra ao Hospital Provincial
Visita de xogadores do Pontevedra ao Hospital Provincial / Mónica Patxot

Os nenos e nenas ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP) recibiron este venres unha visita especial, de xogadores e adestradores do Pontevedra Club de Fútbol. 

Edu Sousa, Romay e Álex González, xunto ao primeiro e segundo adestrador do primeiro equipo, Luismi e Jesús Ramos, compartiron experiencias cos pequenos, que agardaban a visita con expectación.

Ademais de repartir material promocional do equipo, os futbolistas tomaron fotos, asinaron autógrafos e charlaron cos cativos.

A visita á área de pediatría do Hospital Provincial, que se realizou tras o adestramento do equipo na Xunqueira, estaba enmarcada dentro dos actos de celebración do Día Mundial da Actividade Física.

PEDRO VÁZQUEZ, DÚBIDA PARA O DOMINGO

No plano estritamente deportivo, a actualidade pasa polo estado físico de Pedro Vázquez, que aínda que realizou este venres boa parte da sesión co resto dos seus compañeiros segue entre algodóns, o que deixa no aire a súa presenza no duelo do domingo (17:00 horas) en Pasarón ante o San Sebastián de los Reyes.