Os olímpicos galegos únense á loita contra a violencia de xénero

Pontevedra
13 de setembro 2019

A Xunta acaba de asinar un contrato de patrocinio por valor de 5.000 euros con 25 deportistas de elite para a difusión de mensaxes en favor da tolerancia e igualdade entre homes e mulleres

La Xunta asina contrato con olímpicos galegos para loitar contra a violencia de xénero
La Xunta asina contrato con olímpicos galegos para loitar contra a violencia de xénero / Cristina Saiz

A Xunta asinou esta mañá os contratos de patrocinio cos deportistas galegos clasificados para os Xogos Olímpicos ou con opcións de facelo. A cambio, o executivo autonómico pídelles a estes 25 deportistas, que recibirán unha axuda de 5.000 euros, que lideren campañas de loita contra a violencia de xénero.

Nun acto no CGTD no que participou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o secretario xeral para o deporte, Lete Lasa; e a secretaria xeral para a igualdade, Susana López; tivo lugar a firma destes contratos. Os 25 primeiros beneficiados destas axudas son o triatleta Javier Gómez Noya, o piragüista Cristian Toro, a nadadora María Vilas, a judoka María Bernabeu e os regatistas Tamara Echegoyen e Nicolás Rodríguez. 

Rueda destacou que todos eles son referentes na transmisión dos valores do deporte e desde agora serano tamén da difusión de que non pode haber discriminación por razón de sexo e da necesidade de erradicar este tipo de violencia.

Pola súa banda, os deportistas comprométense a difundir, polo menos unha vez ao mes, mensaxes nos seus perfís de redes sociais relacionados coa loita pola tolerancia, a igualdade entre mulleres e homes e a repulsa cara á violencia de xénero no deporte e na vida.