Os piragüistas pontevedreses quedan a un paso das medallas no mundial de Pitesti

Pontevedra
05 de agosto 2019

Los pontevedreses Martín Jácome y Carolina García terminaron en cuarta posición en el mundial sprint júnior y sub-23 disputado el pasado fin de semana en Rumanía

Iago Monteagudo durante o mundial de piragüismo de Pitesti
Iago Monteagudo durante o mundial de piragüismo de Pitesti / Fegapi

O campionato do mundo de piragüismo sprint júnior e sub 23 que se celebrou na cidade romanesa de Pitesti saldouse con bos resultados para os padeeiros da comarca. A mellor actuación foi a do canoísta do Ciudad de Pontevedra, Martín Jácome, que, xunto co sevillano Cayetano García, alcanzou a cuarta posición no C2-1000 metros e a pontevedresa Carolina García, tamén cuarta.

O canoísta xuvenil do Náutico O Muiño, Manuel Fontán, quedou en sexta posición no C1-1000 e Noel Domíngiez (Breogán do Grove) acabou sétimo no C2-1000 sub 23 co seu compañeiro David Barreiro.

Na modalidade de kaiak, a pontevedresa Carolina García clasificouse para a final do K4-500 coas súas compañeiras Aída Bauza, Bárbara Pardo e Laia Pelachs e quedaron a un só posto do bronce. Carla Frieiro foi novena na final xuvenil do K1. 

Fóra da loita polas medallas quedaron Ángela Jorge, oitava na final B do C1-200; Raquel Dacosta, sétima no C1-200 sub 23; Iago Monteagudo, segundo no K1-1000 sub 23; e Lara Feijoo, segunda no K4-500 xuvenil.