A boa tempada que protagonizaron os equipos de base do Cisne non pasou desapercibida para a área Técnica da Real Federación Española de Balonmán.
En concreto os técnicos federativos han posto os seus ollos no equipo cadete do club pontevedrés, que recentemente se clasificou para a fase final do Campionato de España da categoría entre os 8 mellores equipos do país.
Tres dos xogadores dese equipo foron convocados para participar o próximo mes de setembro, entre os días 19 e 26, nunha concentración que se desenvolverá no Centro de Alto Rendemento de Serra Nevada, en Granada.
Trátase do central Víctor Fernández, o extremo Carlos Álvarez e o pivote Román Arboleya.
Todos eles participarán nunhas xornadas de adestramento xunto a outros 57 deportistas nados nos anos 2002 e 2003 e que destacaron nos seus respectivos clubs, entre os que tamén se atopa o lalinense Juan Enrique Lago.