Os ximnásticos Manuel Hurtado e Inés Castaño, campións galegos de cros

Pontevedra
05 de febreiro 2018

No campionato autonómico celebrado en Ribadavia fixo historia o Club San Miguel de Marín ao subir por primeira vez ao podio por equipos nesta competición

Inés Castaño, atleta da Gimnástica
Inés Castaño, atleta da Gimnástica / Sociedad Gimnástica

Ribadavia foi escenario este domingo do Campionato Galego de Cros, con bos resultados especialmente para a Gimnástica de Pontevedra.

Un dos seus atletas, Manuel Hurtado, conseguiu a medalla de ouro na proba senior masculina facendo dobrete co triunfo unha semana atrás no cros curto. Logrou un tempo de 28 minutos e 16 segundos, superando a Pablo Miguel García, do San Miguel de Marín (28:27) e ao vigués Antonio  Serrat (28:32).

Nesta categoría fixo historia como club o San Miguel de Marín, ao subir por primeira vez ao podio por equipos desta competición en segundo lugar, só superado polo ADAS Proinor.

O outro ouro para a Sociedad Gimnástica foi o conseguido por Inés Castaño na categoría junior cun tempo de 20 minutos e 12 segundos, superando por cinco segundos por Elena Costas.

En canto á proba senior feminina, a gran vencedora foi Leticia Fernández (ADAS Pronior), por diante da súa compañeira de equipo Sandra Mosquera e de  Clarisse María Pinho (Comesaña).