Os xogadores do Peixe Galego, cada un ao seu lugar de orixe

Marín
16 de marzo 2020

O club marinense deu permiso ao plantel para que pasen as próximas xornadas, coincidindo coas restricións impostas polo estado de alarma, nos seus domicilio habituais

O Peixe Galego perde na Raña fronte ao Huesca
O Peixe Galego perde na Raña fronte ao Huesca / Diego Torrado

O parón da actividade, primeiro a nivel deportivo e despois xeneralizado pola entrada en estado de alarma a nivel nacional, por mor da propagación do coronavirus Covid-19, empuxou aos clubs para tomar diferentes decisións sobre como afrontar estes días.

No que respecta ao Peixe Galego, a LEB Ouro parou oficialmente dúas semanas a igual que o resto de competicións nacionais, aínda que asumindo que a medida podería prolongarse no tempo.

Por ese motivo o club marinense deu permiso hai uns días aos seus xogadores para regresar ao seu domicilio habitual xunto ás súas familias, para pasar con eles as xornadas de reclusión recomendadas.

Ademais dos xogadores nacionais, tamén regresaron aos seus países o estadounidense Romone Saunders, o holandés Shaq Doorson e o bosníaco Njegos Sikiras. Os únicos que non abandonaron Marín son o francés Sangone Niang e o irlandés Thai Badmus.

Todos eles recibiron unha pauta de traballo específico para poder seguir exercitándose estas semanas nos seus respectivos domicilios.

Inicialmente o Peixe Galego ten previsto volver ao traballo o próximo 26 de marzo, aínda que esta data pactouse antes da aprobación do decreto de estado de alarma, polo que en función dos acontecementos o club marinense adaptará o regreso aos adestramentos colectivos.

Polo momento, a suspensión da Liga LEB Oro afectou os partidos que o Peixe Galego tiña previsto o 14 de marzo na Raña fronte ao Melilla e o do próximo sábado 22 de marzo en Mallorca.