Ouro no Europeo júnior de bádminton co selo do CGTD

Pontevedra
29 de agosto 2022

A dupla formada por Lucía Rodríguez e Nikol Carrulla bateu ás inglesas Lisa Curtin e Estelle Van Leeuwen nunha histórica final moi disputada

Lucía Rodríguez e Nikol Carrulla, bolseiras no CGTD, son campionas de Europa júnior
Lucía Rodríguez e Nikol Carrulla, bolseiras no CGTD, son campionas de Europa júnior / Federación Española de Bádminton

As xogadoras de bádminton bolseiras no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, Lucía Rodríguez e Nikol Carrulla, proclamáronse esta fin de semana campioas de Europa no Europeo de categoría júnior disputado en Belgrado. 

A dupla formada pola de Salvaterra do Miño e a de Alacante bateu ás inglesas Lisa Curtin e Estelle Van Leeuwen nunha final moi disputada. 

As británicas adiantáronse nos primeiros compases do partido e as españolas responderon poñéndose por diante tras o intervalo. As diferenzas foron mínimas ata o tramo final do primeiro set, cando as españolas lograron un parcial de 4-0 que lles puxo a un punto de gañar o xogo (20-17). Aínda que as inglesas non deron o seu brazo para torcer, as españolas lograron apuntarse a manga por 21-19, dando o primeiro paso cara ao título.

As españolas apoveitaron a inercia do primeiro set para seguir mandando tanto na pista como no marcador. Con todo, as inglesas lograron reaccionar para chegar por diante ao intervalo (10-11),  pero non foi máis que un espellismo, xa que as españolas responderon rapidamente e volvierona tomar a dianteira. O final foi de infarto e o partido acabou caendo ao lado español cun 21-16 no set definitivo.