O Campionato do Mundo de Loitas Olímpicas está ao virar a esquina e Lydia Pérez afina a súa posta a punto a base de bos resultados.
A pontevedresa logrou a fin de semana en Bucarest, Romanía, un resultado de gran valor dentro da súa preparación para ese Mundial que se celebrará do 13 ao 21 de setembro en Zagreb.
En concreto a representante do Club Loita Pontevedra levou a medalla de ouro no Torneo Ion Cornianu–Ladislau Simon.
Fíxoo ademais cunha dificultade engadida, e é que competiu nunha nova categoría baixando dos 62 quilos e participando en 59 quilos.
"Un éxito que reflicte a súa capacidade de adaptación, traballo constante e ambición por seguir crecendo", afirma o seu club.
Este resultado referenda a preparación de Lydia Pérez, que desde esta tempada adestra no INSEP de París, un centro ao que acoden deportistas de numerosos países durante todo o ano.