Pablo Alonso segue líder en categoría elite a pesar do seu décimo posto no Circuito Guadiana

Pontevedra
04 de xullo 2021

O deportista do Supermercados Froiz, Pablo Alonso, continúa líder na clasificación elite a pesar o seu décimo posto na xeral da antepenúltima cita da Copa España Elite-Sub23, o Circuito Guadiana

Pau Miquel (Lizarte) e Pablo Alonso (Froiz) no podio do Circuito Guadiana en Don Benito
Pau Miquel (Lizarte) e Pablo Alonso (Froiz) no podio do Circuito Guadiana en Don Benito / Federación Española de Ciclismo

O deportista do Supermercados Froiz, Pablo Alonso, continúa líder na clasificación elite a pesar o seu décimo posto na xeral da antepenúltima cita da Copa España Elite-Sub23, o Circuito Guadiana.

O equipo conserveiro desprazouse a terras estremeñas para disputar a 55 edición do Circuito celebrado en Don Benito. Unha carreira de 170 quilómetros con catro voltas a un circuíto de 41 quilómetros e catro premios de montaña.

A competición comezou ás 10:00 horas do domingo, ofrecendo un gran espectáculo a todo afeccionado ciclista, que gozou dos primeiros ataques ao pouco tempo de arrincar, pero o pelotón seguíaos moi de preto, polo menos ata a primeira subida a Magacela, onde había que percorrer un quilómetro ao 11% de pendente media.

A partir dese momento definiuse a primeira fuga, integrada por 18 corredores e que se afastou na cabeza nun minuto e medio, aumentando por momentos a distancia en ata dúas e medio.

Achegóuselles aos poucos o pelotón, antes de afrontar por última vez Magacela. Tentaron marcharse en solitario Pau Miquel (Lizarte) e Marc Brustenga (Filial Caja Rural-Seguros RGA), abrindo unha distancia importante cos seus seguidores, que os cazaron a falta de 10 quilómetros para a chegada a meta. Tamén o tentaron Rodrigo Álvarez (Gomur) e Bennassar (Eolo Kometa), mostrando o seu poderío físico para poñer contra as cordas ao grupo que marchaba líder.

Así, xa na recta final, Rodrigo Álvarez (Gomur), pisou o acelerador para irse dos seus rivais e facerse coa primeira posición, xusto por diante de Guillermo Silva (Previley) e de Bennassar ( Eolo Kometa), segundo e terceiro respectivamente.

En canto á clasificación xeral, Pau Miquel e Pablo Alonso continúan líderes das categorías Sub-23 e elite despois de facerse co sexto posto (quinto Sub-23) e foi décimo (cuarto elite) na 55º do Circuito Guadiana da Copa de España. Por equipos, o Supermercados Froiz foi quinto.

Consulta a clasificación da 55º do Circuito Guadiana da Copa de España