Pablo Bocelo e Eva Piñel, gañadores da XXIV Milla Urbana San Miguel

Marín
30 de setembro 2023

Pablo Bocelo, da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, e Eva Piñel, do Atletismo Celta, foron os mellores da XXIV edición da Milla Urbana San Miguel celebrada este venres na Avenida de Ourense de Marín

XXIV Milla Urbana San Miguel
XXIV Milla Urbana San Miguel / Federación Galega de Atletismo

A Milla Urbana San Miguel regresou este venres 29 de setembro ás rúas de Marín para celebrar a súa XXIV edición e enchelas de deporte e diversión.

A carreira contou con preto de 700 deportistas das categorías elite masculina e feminina, Sub-16, Sub-14, Sub-12, Sub-10, Biberóns e Máster que comezaron o seu tradicional percorrido na Avenida de Ourense a partir das 18:00 horas.

Pablo Bocelo, da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, volveu lograr o primeiro posto da carreira masculina, esta vez por milímetros, ao facer o mesmo tempo que David de la Fuente (4:24). O podio completouno Gustavo Santiago cun crono de 4:27.

En canto á carreira elite feminina, a primeira en cruzar a liña de mata foi Eva Piñel, do Atletismo Celta, ao parar o cronómetro en 5:18. Seguiuna en segunda posición Xela Martínez (5:20), da Escola Atlética Lucense , e Isabel Caeiro (5:23), da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, foi terceira.

Consulta todos os resultados nesta ligazón