Pablo Dapena deixa atrás a súa lesión e afronta a nova tempada "motivado y con ganas de competir"

Pontevedra
23 de xaneiro 2021

"Motivado y con ganas de recuperar el nivel". Así afronta esta nova tempada o triatleta pontevedrés Pablo Dapena, que deixa atrás un ano no que non puido competir e no que pasou por unha das súas peores lesións, unha pequena rotura no psoas

Pablo Dapena, no Campionato do Mundo de Tríatlon de Longa Distancia de Pontevedra
Pablo Dapena, no Campionato do Mundo de Tríatlon de Longa Distancia de Pontevedra / Xan Xiadas

"Motivado y con ganas de recuperar el nivel". Así afronta esta nova tempada o triatleta pontevedrés Pablo Dapena, que deixa atrás un ano no que non puido competir e no que pasou por unha das súas peores lesións, unha pequena rotura no psoas.

Establecido en Lanzarote co BMC Triathlon Team, co renovou o seu compromiso para o 2021, Dapena bota a vista atrás e recoñece que o pasou mal. "Fue difícil parar cinco semanas. Llevaba dos meses entrenando sin correr y 'parcheando' para evitar molestias, pero llegó un momento en el que no mejoraba y tuve que parar", lamenta. Foron semanas de "mucho sacrificio, casi medio día entre ir al fisio y recuperar", pero afortunadamente agora "no hay molestias, todo va bien".

En canto aos obxectivos que se marca este ano, "el primero es competir, que ya bastante es", chancea o pontevedrés, que admite que nestes momentos está en proceso de "recuperar el nivel"; "estoy en ello, estoy dedicado 100% a entrenar".

O primeiro reto importante marcado no calendario de Pablo Dapena e que espera "que salga adelante" é o Challenge de Miami, que nun principio, se as circunstancias permíteno, celebrarase o 13 de marzo. 

En principio ten pensado competir en "más o menos 7 pruebas de media distancia". Entre elas están o Challene de Lisboa, que se disputará dúas semanas despois de trasladarse a Florida, o 27 de marzo. A súa próxima cita será o 24 de abril en Gran Canaria, onde disputará o Anfi Challenge Mogan e, o 9 maio, viaxará a Italia para participar no Challenge Riccione.