Pablo Dapena gaña en Cidade do Cabo a pesar dos problemas no traslado da súa bicicleta

Pontevedra
10 de novembro 2019

Despois da aventura vivida esta semana co traslado da súa bicicleta e as súas maletas, que non chegaron ata 24 horas antes de competir, Pablo Dapena volveu a gañar. Esta vez en Cidade do Cabo, Sudáfrica, onde participou no Challenge Cape Town, última proba para puntuar no Ranking World Bonus

Pablo Dapena no Challenge Cape Town
Pablo Dapena no Challenge Cape Town

Despois da aventura vivida esta semana co traslado da súa bicicleta e as súas maletas, que non chegaron ata 24 horas antes de competir, Pablo Dapena volveu a gañar.

Esta vez en Cidade do Cabo, Sudáfrica, onde participou no Challenge Cape Town, penúltima proba para el antes de que finalizar a tempada o 14 de decembro no Challenge Daytona.

Pablo partía como un dos favoritos na proba que comezou á primeira hora da mañá cos 1.900 metros de natación. Foi o primeiro en saír da auga e só, nun tempo de 24:09 e unha vantaxe de 1:10 sobre o grupo de 8 triatletas no que estaban o resto de favoritos, o australiano Steven McKenna, o británico Tim Don ou os surafricanos Matt Trautman e Bradley Weiss.

Chegou a proba ciclista. Dapena subía á súa bicicleta recentemente chegada de Buenos Aires e seguía na cabeza ata o quilómetro 8 onde foi alcanzado polo pelotón de favoritos co que formou un grupo de seis que se mantivo unido aumentando as diferenzas en máis de 3:20 minutos sobre o resto dos participantes ao paso pola T2.

Despois de deixar a bicicleta, o galego empezou a arrasar. No seu paso polo quilómetro 3, xa empezou a deixar atrás aos seus rivais con 20 segundos sobre Trautman e 49 sobre Buckingham. O único que lle seguía o ritmo era o australiano. 

Ao paso polo quilómetro 7, Dapena xa era líder en solitario con 18 segundos sobre McKenna e 49 sobre Trautman e, a partir de aquí no paso polo quilómetro 10 xa aumentara a súa vantaxe a 37 segundos que se converteron en 1:04 ao paso polo quilómetro 17.

Finalmente, Pablo Dapena acabou a proba nun tempo de 3:46:48, seguido de Steven McKenna (3:48:14) e de Matt Trautman (3:49:44).