O triatleta pontevedrés Pablo Dapena regresa de Colombia cunha vixésimo sétima posición na Copa do Mundo de Cartagena de Indias.
Na cita colombiana, disputada en distancia olímpica, Dapena logrou un tempo de 1 hora, 50 minutos e 20 segundos.
O francés Pierre Le Corre (1:45:40) foi o gañador da proba, seguido do suízo Sven Riederer (1:46:09) e do tamén francés Dorian Coninx (1:46:17).
O deportista lerezano quedou relegado ao segundo grupo no segmento ciclista, pero finalizou satisfeito co seu tempo na carreira a pé (0:30:37) que lle permitiu remontar algunhas posicións.
Pablo Dapena pecha con este resultado, unido vixésimo primeiro posto de hai unha semana na Copa do Mundo de Cozumel, unha tempada na que logrou proclamarse subcampión de España ou rematar sétimo na Gran Final da Copa de Europa en Madrid.