Pablo González confirma que tamén seguirá un ano máis no Pontevedra

Pontevedra
04 de xuño 2013

O central vigués asina por unha tempada máis e cumprirá o seu segundo ano coa camiseta granate. O club espera que máis futbolistas contesten á oferta de renovación nas próximas horas

Pouco a pouco e un a un o Pontevedra Club de Fútbol segue confirmando as renovacións no primeiro equipo de cara á próxima tempada.

Coa nova semana, despois de que Iago Paz e Sergio Lloves desen a súa conformidade, agora foi Pablo González o que pechou a súa continuidade no cadro granate un ano máis.

O central vigués, que chegou ao club de Pasarón este curso procedente do Villalonga, cumprirá así a súa segunda tempada dentro a disciplina granate.

Nas próximas horas o Pontevedra espera que algún futbolista máis aos que se lle presentou unha oferta de renovación comunique se acepta ou non a proposta do club.