Pacho Oliveira, novo director deportivo da base no Arosa

O Salnés
12 de xuño 2020

O club arlequinado presentou este venres ao adestrador cambadés como novo responsable das súas categorías inferiores

Presentación de Pacho Oliveira como responsable do fútbol base do Arosa
Presentación de Pacho Oliveira como responsable do fútbol base do Arosa / Arosa SC

O play-off de ascenso á Segunda División B centra gran parte dos focos de atención no Arosa, pero o club arlequinado traballa en máis frontes para tentar asentar o seu proxecto deportivo a medio prazo.

Neste sentido, a entidade presidida por Manolo Abalo presentou este venres ao que será novo director deportivo do seu fútbol base, un home cunha longa traxectoria en bancos a nivel comarcal e galego pero tamén internacional.

Trátase do cambadés Ángel 'Pacho' Oliveira, responsable a nivel técnico durante os últimos anos de equipos como o Juventud Cambados, o Sanxenxo ou a Selección Galega Sub-16, sen esquecer o seu periplo polo estranxeiro no Al Ittihad saudita ou en Liga Academy Egypt.