Palma del Río, reto aínda máis difícil para o Cisne

Pontevedra
14 de outubro 2016

O equipo pontevedrés visita este sábado (18:00 horas) a cancha dun dos tres únicos equipos que conta os seus partidos por vitorias. "Vamos con la intención de traernos algo de allí", asegura optimista Jabato

David Chapela, nun adestramento do Cisne
David Chapela, nun adestramento do Cisne / Cristina Saiz

O Cisne chega ao final dunha complicada semana coa visita a "una de las canchas más complicadas de la liga", a do Palma del Río (sábado, 18:00 horas).

O cadro cordobés é un dos tres únicos equipos que conta os seus partidos por vitorias, pero iso non amedrenta aos pontevedreses, que viaxan "con la intención de traernos algo de allí", sinala Jabato.

Para o técnico cineísta a clave para aspirar a puntuar será "ver si no cometemos los errores de los últimos partidos y sobre todo mejorar en defensa".

Carlos Pombo pérdese o partido por unha leve escordadura de nocello e "para no forzar", sendo desta forma o único descarte na convocatoria dun equipo que puxo rumbo a Andalucía este venres ao mediodía.

O partido en Palma del Río será arbitrado polos colexiados andaluces Mendoza Roldán e Visciarelli Lareo.