Partido clave a golpe de martes para o Peixe Galego

Marín
07 de novembro 2016

O equipo marinense tenta recuperar efectivos para recibir este martes na Raña (21:00 horas) ao último clasificado da liga LEB Ouro, o CB Clavijo Calzados Robusta rioxano, rival directo pola permanencia ao que poderían afastar a tres vitorias en caso de vencer

Adestramento do Peixe Galego 16/17
Adestramento do Peixe Galego 16/17 / PontevedraViva

Non tivo tempo para repoñerse da derrota do pasado sábado en Ourense pero a competición continúa para o Peixe Galego, que este martes afronta unha nova xornada da liga LEB Ouro.

Faio ademais cun duelo crave, recibindo na Raña (21:00 horas) ao equipo que ocupa actualmente a última praza da clasificación, o CB Clavijo Calzados Robusta rioxano.

De aí a importancia do choque para os de Javi Llorente, xa que aínda que sexa pronto para cualificalo de final en caso de vencer avantaxarían en tres triunfos a un rival directo pola permanencia.

O cadro rioxano, que afronta o seu segundo ano na categoría, chega a Marín tras perder todos os partidos de liga ata o momento.

No Peixe, a preocupación volve ser o estado físico de varios dos seus xogadores, como Oubiña, Cabanas ou Andrés Miso, que xa perderon o derbi autonómico ante o COB.

O choque será ademais a estrea na Raña da última fichaxe do club, Alec Kobre, que gozou dos seus primeiros minutos co equipo en Ourense.