Partido "especialmente importante" para o Teucro, ao que só lle vale gañar ante o Alcobendas

Pontevedra
16 de novembro 2018

O conxunto pontevedrés recibe este sábado (20:30 horas) a visita dun rival directo pola permanencia na Liga Asobal. "Queda mucha liga como para estar hablando de finales pero es verdad que es un partido especialmente importante para nosotros", recoñece o técnico teucrista, Luís Montes

Adestramento do Teucro 2018/2019
Adestramento do Teucro 2018/2019 / Mónica Patxot

"No me gusta utilizar el término de final en el mes de noviembre", asegura o adestrador do Teucro, Luís Montes, pero se non o é o choque deste sábado (20:30 horas) no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra paréceselle moito.

Os azuis reciben a un rival directo pola permanencia na Liga Asobal, o Balonmano Alcobendas, coa necesidade de gañar para abandonar o último posto e que non se lle escapen os equipos que lle preceden na táboa, entre eles o madrileño que marcha décimo terceiro con 6 puntos, 3 máis que o Teucro.

"Queda mucha liga como para estar hablando de finales pero es verdad que es un partido especialmente importante para nosotros", recoñece Montes.

O preparador teucrista cre que neste tipo de encontros "es fundamental el apoyo del público", polo que pide un esforzo aos seus seguidores.

Carlos Gehrhardt perderá o duelo por lesión, mentres que Samu Gómez será dúbida ata o quecemento previo tras dúas semanas fóra do equipo por problemas nas costas. Pola súa banda o Alcobendas presentarase en Pontevedra coa única ausencia de Martí Villoria.

Os colexiados do encontro serán o valenciano Iniesta Castillo e o madrileño Muro San José.