O Club Cisne Balonmano afronta esta fin de semana una das saídas máis complicadas da tempada.
O equipo pontevedrés visita este domingo 4 de xaneiro (12:00 horas) a pista do UBU Burgos, líder da categoría invicto na súa casa.
Vai ser "un partido moi moi duro", augura o segundo adestrador Quiños. "O seu obxectivo é o ascenso e está en bo camiño para logralo, ten un plantel moi competitivo que adestra case a diario", engadiu.
No conxunto burgalés destacan en portería "Lloria e Ibrahim, que están a facer moi boa tempada", ademais da "defensa 6:0 rochosa" que será moi difícil superar.
Pola súa banda, en tarefas ofensivas é un equipo que ten moito gol y a dos vellos coñecidos como son Guilherme Linhares e Álex Chan, "un dos máximos goleadores da categoría" con 86 tantos e unha media de 5 goles por partido.
En definitiva, será un duelo de moita altura ao que o Cisne chega minguado polas baixas, pero que tentará gañar para "superar o mazazo que supuxo a derrota" no partido de ida e seguir na pelexa na parte alta da clasificación.